Por familia numerosa
Normativa:Art.º 13 Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma de Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril.
Contía da dedución
Con carácter xeneral, o contribuínte que posúa, á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro), o título de familia numerosa poderá deducir a cantidade que proceda das seguintes:
- 450 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
- 600 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.
Cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar teña un grao de discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 65 por 100, o importe da dedución será:
- 1.000 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
- 1.100 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.
Requisitos e condicións de aplicación
- As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse conforme ao establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19).
- O título de familia numerosa deberá estar expedido polo órgano competente en materia de servizos sociais do Goberno de Canarias ou polos órganos correspondentes do Estado ou doutras Comunidades Autónomas.
- A dedución practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa.Cando estes convivan con máis dun contribuínte, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
Compatibilidade
Esta dedución é compatible coa dedución "Por nacemento ou adopción de fillos".