Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por gastos en primas de seguros de crédito para cubrir non pagamentos de rendas de arrendamentos de vivenda (dedución do arrendador)

Normativa:Art.º 15 quáter Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma de Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril.

Contía e límite máximo da dedución

  • O 75 por 100 dos gastos satisfeitos polo contribuínte durante o exercicio en concepto de primas de seguros de crédito que cubran total ou parcialmente o non pagamento das rendas ás que o contribuínte teña dereito por razón do arrendamento dun ben inmoble, situado en Canarias, a un terceiro destinado a vivenda.
  • O importe máximo desta dedución será de 150 euros anuais tanto en tributación individual coma na conxunta.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que a duración do contrato de arrendamento de vivenda cun mesmo arrendatario sexa igual ou superior a un ano.
  • Que se constituíse o depósito da fianza á que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos, a favor do órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma de Canarias, no prazo establecido para iso.
  • Que o contribuínte declare no IRPF o rendemento derivado das rendas do arrendamento da vivenda como rendementos do capital inmobiliario.
  • Que o arrendador estea ao corrente das súas obrigas fiscais e indique nas súas declaracións de IRPF o NIF do arrendatario e o número de referencia catastral do ben arrendado.
  • Que o importe mensual do arrendamento non sexa superior a 800 euros.

Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica por gastos en primas de seguros de crédito para cubrir non pagamentos de rendas de arrendamentos de vivenda (dedución do arrendador) de Canarias" do Anexo B.8 da declaración.