Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Para familias monoparentais

Normativa:Art.º 2.9 Texto Refundido da Lei de Medidas Fiscais en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 62/2008, do 19 de xuño, pola Comunidade Autónoma de Cantabria.

Contía da dedución

200 euros anuais para o titular da familia monoparental.

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, terá a consideración de familia monoparental a formada pola nai ou o pai e os fillos que convivan cunha ou outro e que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Fillos menores de idade, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes.
  2. Fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Requisitos para a aplicación da dedución:

Que a suma de base liquidable xeral e a base liquidable do aforro, suma das casas [0500] y [0510] da declaración, minorado no mínimo persoal e familiar, casa [0520]>, sexa inferior a 31.485 euros.