Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por gastos de gardaría

Normativa:Art.º 2.8 Texto Refundido da Lei de Medidas Fiscais en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 62/2008, do 19 de xuño.

Contía e límite máximo da dedución

  • O 15 por 100 dos gastos de gardaría dos fillos biolóxicos ou adoptados.

  • Esta dedución terá un límite de 300 euros anuais por fillo menor de tres anos.

    Se o fillo cumpre 3 anos durante o exercicio, a dedución pode aplicarse ata o día en que cumpra esa idade, rateándose as cantidades satisfeitas no mes no que se dea a circunstancia.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que a suma de base liquidable xeral e a base liquidable do aforro, suma das casas [0500] y [0510] da declaración, minorado no mínimo persoal e familiar, casa [0520], sexa inferior a:

    • - 22.946 euros en tributación individual.
    • - 31.485 euros en tributación conxunta.
  • A base conxunta desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura e satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que presten os servizos.

    En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro en efectivo.

    Atención: só terán dereito a aplicar a dedución os contribuíntes a cuxo nome se expida a factura xustificativa dos gastos e polo importe total satisfeito, salvo, se se trata de matrimonios en réxime de gananciais, en cuxo caso, as cantidades satisfeitas se atribuirán a ambos os dous cónxuxes por partes iguais, aínda que a factura estea expedida só a nome dun deles.

  • Se hai máis dun contribuínte con dereito á dedución, ratearase a dedución segundo os gastos xustificados por cada contribuínte, sen que supere conxuntamente a cantidade máxima de dedución (300 euros anuais). 

    Por tanto, a contía satisfeita por cada proxenitor ou adoptante determina o importe da dedución que corresponde a cada un dos proxenitores ou adoptantes que satisfixesen os gastos, rateándose do límite máximo da dedución (300 euros) en función das cantidades satisfeitas por cada un.