Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por aluguer da vivenda habitual

Normativa:Art. 1º.1 Lei 31/2002, do 30 de decembro, de Medidas fiscais e administrativas, da Comunidade Autónoma de Cataluña.

Contías e límites máximos da dedución

  • O 10 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de aluguer da vivenda habitual.

    No caso de matrimonios en réxime económico de gananciais, e no suposto de que o arrendamento da vivenda habitual só estea a nome dun dos consortes, só o consorte que figure no contrato de arrendamento ten dereito á dedución por aluguer da vivenda habitual cando cumpra os requisitos esixidos.

  • O límite máximo será:

    • 300 euros anuais, sempre que se cumpren os requisitos que se indican no seguinte apartado
    • 600 euros anuais, sempre que na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro) o contribuínte pertenza a unha familia numerosa e cumpra os requisitos establecidos nas letras b) e c) que se indican no seguinte apartado.

      Respecto ao concepto de familia numerosa véxase a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19).

    Importante:en caso de tributación conxunta, sempre que algún dos declarantes se ache nalgunha das circunstancias descritas na letra a) anterior ou pertenza a unha familia numerosa, o importe máximo da dedución é de 600 euros e o da suma das bases impoñibles, xeral e do aforro menos o importe do mínimo persoal e familiar é de 30.000 euros.

Requisitos para a aplicación da dedución

  1. Que o contribuínte se ache nalgunha das situacións seguintes:

    • Ter 32 ou menos anos de idade á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
    • Ter estado no paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.
    • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.
    • Ser viúvo ou viúva e ter 65 anos ou máis.
  2. Que a suma das bases impoñibles xeral e do aforro do contribuínte menos o mínimo persoal e familiar, suma das casas [0435] y [0460] menos o importe da casa [0520] da declaración, non supere 20.000 euros anuais.
  3. Que as cantidades satisfeitas en concepto de aluguer excedan do 10 por 100 dos rendementos netos do contribuínte.

Outras condicións para a aplicación da dedución

  • Esta dedución só pode aplicarse unha vez, con independencia de que nun mesmo contribuínte poidan concorrer máis dunha circunstancia das establecidas na letra a) do apartado anterior "Requisitos para a aplicación da dedución".
  • Unha mesma vivenda non pode dar lugar á aplicación dunha dedución superior a 600 euros.De acordo con iso, se por unha mesma vivenda ten dereito á dedución máis dun contribuínte, cada un deles poderá aplicar na súa declaración o importe que se obteña de dividir a cantidade resultante da aplicación do 10 por 100 do gasto total ou o límite máximo de 600 euros, se procede, polo número de declarantes con dereito á dedución.

Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica por arrendamento" do Anexo B.6) da declaración no que, ademais dos datos necesarios para cuantificar a dedución, deberá facerse constar o NIF/NIE do arrendador da vivenda e, se existe o do segundo arrendador ou, no seu caso, se consignou un NIF doutro país, marcarase unha X nas casas correspondentes.