Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Para contribuíntes que quedasen viúvos nos exercicios 2018, 2019, 2020

Normativa: Art. 1 Lei 7/2004, do 16 de xullo, de medidas fiscais e administrativas, da Comunidade Autónoma de Cataluña.

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • 150 euros, con carácter xeral.
  • 300 euros se a persoa que se queda viúva ten ao seu cargo un ou máis descendentes que outorguen dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
  • A dedución aplícase na declaración correspondente ao exercicio en que o contribuínte quedase viúvo e nos dous exercicios seguintes. Malia o anterior, a dedución de 300 euros aplicarase nos dous exercicios seguintes sempre que os descendentes manteñan os requisitos para computar para os efectos do mínimo por descendentes.

Ámbito de aplicación temporal da dedución

Os contribuíntes que se quedasen viúvos durante os exercicios 2018 e 2019 poden aplicar esta dedución cos mesmos requisitos e condicións anteriormente comentados na declaración do exercicio 2020.

De igual forma, os que se quedasen viúvos no exercicio 2020, poderán tamén aplicara nas declaracións dos exercicios 2021 e 2022.