Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por doazóns a determinadas entidades en beneficio do medio, a conservación do patrimonio natural e de custodia do territorio

Normativa:Art.º 34 Lei 16/2008, do 23 de decembro, de medidas fiscais e financeiras, da Comunidade Autónoma de Cataluña.

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • O 15 por 100 das cantidades doadas a favor de fundacións ou asociacións que figuren no censo de entidades ambientais vinculadas á ecoloxía e á protección e mellora do medio do departamento competente nesta materia, co límite do 5 por 100 da cota íntegra autonómica, casa [0546] da declaración.
  • A aplicación da dedución está condicionada á xustificación documental adecuada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinen a súa aplicabilidade.