Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por donativos a entidades que fomentan o uso da lingua catalá ou da occitana

Normativa:Artigo 14 Lei 21/2005, do 29 de decembro, de medidas financeiras, da Comunidade Autónoma de Cataluña.

Contía, límite máximo e requisitos para a aplicación da dedución

  • O 15 por 100 das cantidades doadas a favor de:

    • O Instituto de Estudos Cataláns.
    • O Instituto de Estudos Araneses - Academia Aranesa da Lingua Occitana.
    • Entidades privadas sen finalidade de lucro, de organizacións sindicais e empresariais ou de colexios profesionais ou outras corporacións de dereito público que teñan por finalidade o fomento da lingua catalá ou da occitana e que figuren no censo destas entidades que elabora o departamento competente en materia de política lingüística.
  • O límite máximo desta dedución é o 10 por 100 da cota íntegra autonómica, casa [0546] da declaración.