Por alugamento da vivenda habitual
Normativa: Art. 5. Sete Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
Contías e límites máximos da dedución
-
O 10 por 100 das cantidades satisfeitas durante o período impositivo en concepto de alugamento da vivenda habitual
Límite máximo da dedución : 300 euros por contrato e ano, tanto en tributación individual como en conxunta.
- Se se teñen dous ou máis fillos menores de idade , a porcentaxe anterior de dedución elévase ao 20 por 100, cun límite máximo da dedución de 600 euros por contrato e ano, tanto en tributación individual como en conxunta.
-
As contías fixadas para esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.
De acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado o grao de discapacidade terá que acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 %cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
- Que a idade do contribuínte sexa igual ou inferior a 35 anos na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro). En caso de tributación conxunta, deberá cumprir este requisito polo menos un do cónxuxes ou, se é o caso, o pai ou a nai.
- Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior a 1 de xaneiro de 2003.
-
Que constituíse o depósito da fianza a que se refire o artigo 36 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou ben posúa copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non haberlle entregado o devandito xustificante a persoa arrendadora.
O contribuínte deberá acreditar, se é obxecto de comprobación, que a fianza foi depositada ou a denuncia foi presentada antes da presentación da autoliquidación ou da fin do prazo voluntario de presentación.
- Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere o importe de 22.000 euros, tanto en tributación individual como en conxunta.
-
Cando dous contribuíntes teñan dereito a esta dedución, o importe total da mesma, sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
Tratandose de matrimonios en réxime de gananciais, a dedución corresponderá ao cónxuxes por partes iguais, aínda que o contrato estea só a nome dun deles .
Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica por arrendamento" do Anexo B.6) da declaración en que, ademais dos datos necesarios para cuantificar a dedución, deberá facerse constar o NIF /NIE do arrendador da vivenda e, se existe, o do segundo arrendador ou, se é o caso, se consignou un NIF doutro país, marcarase unha X os recadros correspondentes.