Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica

Normativa:Art.º 5.Doce Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • O 25 por 100, ata o límite do 10 por 100 da cota íntegra autonómica do IRPF, de os donativos monetarios realizados a favor dos seguintes centros ou entidades:

    1. Centros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou parti­cipados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos.
    2. Entidades sen ánimo de lucro acollidas á Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a con­dición de que estas últimas teñan a consideración de organismo de investigación e difusión de coñecementos conforme ao previsto no artigo 2.83 do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
  • A dedución queda condicionada á xustificación documental adecuada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinan a súa aplicabilidade.