Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

Normativa:Art.º 5.Oito Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

Contía e límite máximo da dedución

  • O 30 por 100 das cantidades satisfeitas durante o exercicio en concepto de cota de alta e cotas mensuais para o acceso a Internet mediante contratación de liñas de alta velocidade.
  • O límite máximo da dedución é de 100 euros, tanto en tributación individual coma en conxunta.

    Este límite máximo debe aplicarse respecto a todas as cantidades satisfeitas durante o ejer­cicio, xa correspondan a un só contrato de conexión, xa a varios que se manteñan simultá­neamente.

    Tratándose de matrimonios en réxime de sociedade legal de gananciais, o importe máxi­mo que pode deducir cada un dos cónxuxes é de 50 euros, con independencia de que o contrato estea a nome dun só deles.Nestes casos, o rateo ten carácter obligato­rio, de forma que un só dos cónxuxes non pode aplicar a totalidade da dedución á que teñen dereito ambos os dous cónxuxes de forma conxunta.Non obstante, se cada un dos cónxuxes é titular dunha liña, cada un deles poderá aplicar a totalidade da dedución.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • A dedución unicamente poderá aplicarse no exercicio en que se asine o contrato de conexión ás liñas de alta velocidade.
  • A liña de alta velocidade contratada deberá estar destinada a uso exclusivo do fogar e non poderá estar vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non resultará aplicable a dedución se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior hase rea­lizado noutro exercicio.Tampouco resultará de aplicación cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, simultáneamente, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  • A práctica da dedución está condicionada á xustificación documental adecuada do presuposto de feito e dos requisitos que determinan a aplicabilidade desta.