Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por adquisición ou adecuación da vivenda habitual para contribuíntes con discapacidade

Normativa:Artigo 4 do Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro.

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

O 3 por 100 das cantidades satisfeitas durante o exercicio na adquisición ou adecuación da vivenda que constitúa ou vaia constituír a residencia habitual no Principado de Asturias do contribuínte que acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

A aplicación desta dedución é independente da dedución por investimento en vivenda habitual prevista na disposición transitoria décimo oitava da Lei do IRPF.

Base máxima da dedución

A base da dedución está constituída polas cantidades satisfeitas durante o exercicio, excepción feita da parte destas correspondente a intereses, cun máximo de 13.664 euros, tanto en tributación individual coma na conxunta.

Outras condicións para a aplicación da dedución

A adquisición da nova vivenda ou, no seu caso, as obras e instalacións en que a adecuación consista, deberán resultar estritamente necesarias para a accesibilidade e comunicación sensorial que faciliten o desenvolvemento digno e adecuado das persoas con discapacidade, extremo que deberá ser acreditado ante a Administración tributaria mediante resolución ou certificado expedido pola Consellaría competente en materia de valoración de discapacidade.