Por certificación da xestión forestal sostible
Normativa: Art. 14 do Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro.
Contía e límite da dedución
- O 30 por 100 das cantidades investidas durante o exercicio para a obtención de certificación da xestión forestal sostible outorgada pola Entidade Solicitante da Certificación Forestal Rexional do Principado de Asturias ou entidade equivalente.
- A dedución aplicarase no exercicio en que se obteña a certificación da xestión forestal sostible e o importe máximo será de 1.000 euros por contribuínte.
Condicións e outros requisitos para a aplicación da dedución
- Os contribuíntes teñen que ser propietarios de montes situados no territorio da Comunidade Autónoma e obter a citada certificación de xestión forestal.
- A base da dedución constitúena as cantidades investidas durante o exercicio na obtención da certificación da xestión forestal sostible, incluíndo todos os custos asociados ao logro da propia certificación e excluíndo as subvencións que, se é o caso, recibise o propietario do predio para esa fin.
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución en relación cos mesmos bens e aqueles realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
Entenderase polos “mesmos “bens”, para os efectos de aplicar o rateo da dedución, os montes-definidos no artigo 5 da Lei do Principado de Asturias 3/2004, do 23 de novembro, de Montes e Ordenación Forestal - que constitúan un predio ou parcela independente, con referencia catastral que a identifique delimitando o seu ámbito espacial, pertencentes a varios donos pro indivisos ou en réxime de copropiedade.