Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida
Normativa: Art. 6 do Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro.
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
- 113 euros por cada contribuínte que teña dereito a percibir subvencións ou axudas económicas para a adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual que teña a consideración de protexida, conforme á normativa estatal ou autonómica na materia.
- Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.