Por arrendamento de vivenda habitual para contribuíntes menores de 36 anos
Normativa:Art.º 32.12 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos
Contía e límite da dedución
1.En xeral
- O 10 por 100 das cantidades non subvencionadas satisfeitas no exercicio para o aluguer da vivenda habitual.
- O importe máximo anual será de 300 euros por contrato de arrendamento, tanto en tributación individual coma en conxunta.
2.Para contribuíntes residentes en pequenos municipios
O 20 por 100 das cantidades non subvencionadas satisfeitas no exercicio para o aluguer da vivenda habitual, sempre e cando a vivenda habitual se encontre situada nun dos pequenos municipios de La Rioja que se relacionan ao final das deducións autonómicas desta Comunidade Autónoma.
Importante:neste último caso o contribuínte deberá consignar na casa [1205] do anexo B.5) da declaración, o código correspondente ao pequeno municipio no que estea situada a vivenda, conforme á relación de municipios de La Rioja con dereito a esta dedución que pode consultar no seu correspondente apartado.
O importe máximo anual será de 400 euros por contrato de arrendamento, tanto en tributación individual coma en conxunta.
Atención: si hai contratos relativos a vivendas situadas nos pequenos municipios e outros sobre vivendas situadas noutros municipios, ás deducións relativas a cada un dos tipos de contrato aplicaráselles o seu respectivo límite (400 ou 300 euros), e a dedución total aplicada non poderá exceder de 400 euros, tanto en tributación individual coma na conxunta.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Que o contribuínte non cumprise os 36 anos de idade á data de devindicación do imposto.
En caso de tributación conxunta o requisito da idade haberá de cumprilo polo menos un dos cónxuxes.
- Que se trate do arrendamento da vivenda habitual do contribuínte, ocupada efectivamente por este e localizada no territorio da Comunidade Autónoma de La Rioja.
Que o contribuínte sexa titular dun contrato de arrendamento polo cal se presentase o correspondente modelo do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
No suposto de matrimonios en réxime de gananciais, a dedución corresponderá aos cónxuxes por partes iguais, aínda que o contrato de arrendamento conste só a nome dun deles.
- Que o contribuínte non teña dereito durante o mesmo período impositivo a dedución ningunha por investimento en vivenda habitual.
Que a base liquidable xeral sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF non exceda das seguintes cantidades:
Sempre que, ademais, a base liquidable do aforro sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF non supere 1.800 euros.
O importe da base liquidable xeral sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF é o reflectido na casa [0500] da declaración.
Pola súa banda, o importe da base liquidable do aforro sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF é o que aparece reflectido na casa [0510] da declaración.
- Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución, o importe total, sen exceder do límite máximo establecido por contrato de arrendamento (400 euros para contratos de arrendamento de vivendas situadas nos pequenos municipios e 300 euros para contratos de arrendamento de vivendas situadas noutros municipios), ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
- A práctica desta dedución quedará condicionada á súa xustificación documental (sexa mediante o contrato de arrendamento e xustificante das transferencias bancarias, recibos de pagamento ou calquera outra proba admitida en dereito)