Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por cada fillo de 0 a 3 anos en escolas infantís ou centros de educación infantil de calquera municipio de La Rioja

Normativa:Art.º 32.6 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos.

Contías e límites máximos da dedución

  • O 20 por 100 dos gastos de escolarización non subvencionado por cada fillo de 0 a 3 anos

    A estes efectos entenderanse por gastos de escolarización as cantidades satisfeitas a escolas ou centros de educación infantil polos seguintes conceptos:

    • - a preinscrición e matrícula de menores de 3 anos,
    • - a asistencia, en horario xeral e ampliado, e
    • - a alimentación.

    Sempre que non teñan para o contribuínte a consideración de rendementos do traballo en especie exentos por aplicación do disposto no artigo 42.3.b) ou d) da Lei do IRPF, é dicir, por:

    • - A contratación directa ou indirectamente por empresas ou empregadores do servizo de primeiro ciclo de educación infantil para os fillos dos seus traballadores en gardarías ou centros de educación infantil autorizados [Art, 42.3.b) Lei IRPF].
    • - A prestación do servizo de educación preescolar, infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional por centros educativos autorizados, aos fillos dos seus empregados, con carácter gratuíto ou por prezo inferior ao normal de mercado [Art. 42.3.d) Lei IRPF].
  • A base desta dedución terá como límite para cada fillo o importe total do gasto efectivo non subvencionado satisfeito no exercicio á escola ou centro de educación infantil.
  • O límite máximo da dedución é de 600 euros anuais, por cada fillo de 0 a 3 anos.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Que o contribuínte teña a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma de La Rioja.
  • Que o contribuínte, a data de devindicación do imposto (normalmente o 31 de decembro), conviva co menor e teña dereito ao mínimo por descendentes.

    Se o fillo cumpre tres anos durante o exercicio, poderase aplicar a dedución polos gastos de escolarización satisfeitos ata o mes anterior ao cumprimento desa idade.

    Poderase aplicar a dedución polos gastos de escolarización dos fillos que tivesen falle­cido no ano.

    Finalmente pódese aplicar a dedución polos fillos respecto dos que o contribuínte ten­ga a garda e custodia compartida, aínda que na data de devindicación do imposto convivan co outro proxenitor, sempre que teña dereito ao mínimo por descendentes.

  • Que cada fillo de 0 a 3 anos que poida dar dereito á dedución este matriculado nunha escola ou centro de educación infantil de calquera municipio de La Rioja.

    En caso de falecemento do fillo ou do contribuínte durante o período impositivo non será necesario cumprir o requisito do período mínimo de seis meses de matriculación.

  • Que a base liquidable xeral sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF non exceda das seguintes cantidades:

    • - 18.030 euros en declaración individual.
    • - 30.050 euros en declaración conxunta.

    Sempre que, ademais, a base liquidable do aforro sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF non supere 1.800 euros.

    O importe da base liquidable xeral sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF é o reflectido na casa [0500] da declaración.

    Pola súa banda, o importe da base liquidable do aforro sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF é o que aparece reflectido na casa [0510] da declaración.

  • No caso de proxenitores con dereitos a dedución polo mesmo descendente e que presenten declaracións individuais, o importe ratearase por partes iguais entre ambos os dous.

Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán facer constar o NIF de escola, centro ou gardaría infantil na casa [1076] do Anexo B a declaración.