Por paternidade
Normativa: Art. 5.3 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade de Castilla y León en materia de tributos propios e cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2013, do 12 de setembro.
Contía da dedución
-
750 euros por gozo do período de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da actividade por paternidade ou do permiso de paternidade.
O período de suspensión do contrato de traballo será o previsto no artigo 48.4 do Estatuto dos Traballadores e o do permiso de paternidade o previsto nas letras a) e b) do artigo 49 do Estatuto Básico do Empregado Público. En ambos os dous casos, na parte relativa ás 10 semanas que, como máximo, pode gozar o pai con carácter xeral.
- Cando o permiso non coincida co máximo legal permitido a dedución será de 75 euros por semana completa.
Supostos excluídos
- Suspensión do contrato por paternidade regulado no artigo 48.bis do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
- Permiso de paternidade previsto no artigo 49.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e,
-
Interrupción da actividade prevista no artigo 4.3 da Lei 20/2007, do 11 de xullo do Estatuto do Traballo Autónomo.
Importante: de acordo coa disposición transitoria décimo terceira do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, introducida por Real Decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, durante o exercicio 2020 a nai biolóxica poderá ceder ao outro proxenitor, como máximo, ata dúas semanas do seu período de suspensión de gozo non obrigatorio.
Esta posibilidade de que a nai biolóxica ceda ao outro proxenitor un máximo de ata dúas semanas do seu período de suspensión de gozo obrigatorio ao outro proxenitor será de aplicación unicamente para os traballadores incluídos no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e non será de aplicación ao persoal laboral ao servizo das Administracións Públicas ao que se lle aplica, en materia de permisos de nacemento, adopción, do proxenitor diferente da nai biolóxica e lactación, a regulación recollida no texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Requisitos e outras condicións de aplicación da dedución
-
Que a base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro menos o mínimo persoal e familiar (recadros [0435], [0460] e [0519] da declaración, respectivamente) non supere as seguintes cantidades:
- No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicarse o total da dedución no período impositivo en que se xere o dereito á mesma, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución .
Atención: os contribuíntes que non esgotasen a totalidade da dedución tanto no período impositivo en que se xere o dereito á mesma como nos tres períodos seguintes, poderán solicitar o aboamento da cantidade que reste por aplicar.