Concepto xeral e notas características
Normativa: Art. 17 Lei IRPF
Teñen a consideración fiscal de rendementos íntegros do traballo "todas as contraprestacións ou utilidades, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, monetarias ou en especie, que deriven, directa ou indirectamente, do traballo persoal ou da relación laboral ou estatutaria e non teñan o carácter de rendementos de actividades económicas".
De acordo coa definición legal transcrita, os rendementos do traballo caracterízanse polas seguintes notas :
- Comprenden a totalidade das contraprestacións ou utilidades, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, monetarias ou en especie.
- Que deriven, directa ou indirectamente, do traballo persoal ou da relación laboral ou estatutaria do contribuínte.
-
Que non teñan o carácter de rendementos de actividades económicas. Exclúense, pois, os rendementos procedentes de actividades en que, con independencia da achega do seu traballo persoal, o contribuínte efectúe a ordenación por conta propia de medios de produción e de recursos humanos, ou dun só de ambos os dous factores, coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos.
O concepto fiscal de rendementos de actividades económicas e a súa delimitación fronte aos rendementos do traballo, coméntase no Capítulo 6.