Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

g) Dereitos especiais de contido económico que se reserven os fundadores ou promotores dunha sociedade

Normativa:véxase tamén o art.º 47 Regulamento IRPF

Considéranse rendementos do traballo os dereitos especiais de contido económico que se reserven os fundadores ou promoto­res dunha sociedade como remuneración de servizos persoais.

Para estes efectos os dereitos especiais de contido económico que se reserven os fundadores ou promotores dunha sociedade como remuneración de servizos persoais, cando consistan nunha porcentaxe sobre os beneficios da entidade, valoraranse, como mínimo, no 35 por 100 do valor equivalente de capital social que permita a mesma participación nos beneficios que a recoñecida aos citados dereitos.