Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

j) Retribucións derivadas de relacións laborais de carácter especial

Teñen a consideración de rendementos do traballo as retribucións derivadas de relacións laborais de carácter especial.

Para estes efectos, se conside­ran relacións laborais especiais, de acordo co artigo 2 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (BOE do 24), as seguintes:

  • Persoal de alta dirección (Real Decreto 1382/1985, da 1 de agosto).
  • Persoal ao servizo do fogar familiar (Real Decreto 1620/2011, do 14 de novembro).
  • Penados en Institucións Penitenciarias (Real Decreto 782/2001, do 6 de xullo).
  • Deportistas profesionais (Real Decreto 1006/1985, do 26 de xuño).
  • Artistas en espectáculos públicos (Real Decreto 1435/1985, da 1 de agosto).
  • Persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresa­rios sen asumir o risco e ventura daquelas (Real Decreto 1438/1985, da 1 de agosto).
  • Traballadores con discapacidade que presten os seus servizos nos centros especiais de emprego (Real Decreto 1368/1985, do 17 de xullo).
  • Menores sometidos á execución de medidas de internamento para o cumprimento da súa responsabilidade penal (Real Decreto 1774/2004, do 30 de xullo).
  • Actividade de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde (Real Decreto 1146/2006, do 6 de outubro).
  • Actividade profesional dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados, individuais ou colectivos (disposición adicional primeira da Lei 22/2005, do 18 de novembro, e Real Decreto 1331/2006, do 17 de novembro).
  • Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carác­ter especial por unha lei.

Importante: cando os rendementos derivados das relacións laborais especiais de artistas en espectáculos públicos e dos axentes comerciais e comisionistas supon­gan a ordenación por conta propia de medios de produción e de recursos humanos ou dun de ambos os dous, coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos, cualificaranse como rendementos de actividades económicas (Art.º 17.3 Lei IRPF).