Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Consideración fiscal das axudas e asignacións para gastos de viaxe

Normativa:Arts.17.1 d) Lei IRPF e 9 Regulamento

Atención:  con relación aos gastos de locomoción, manutención e estancia exceptuados de gravame ha de terse en conta que non é ao empregado ao que corresponde probar a realidade dos desprazamentos e gastos de manutención e estancia, senón ao empregador.Polo tanto, é este último o obrigado a acreditar, no seu caso, ante a Administración que as cantidades aboadas por aqueles conceptos responden a desprazamentos realizados en determinado día e lugar, por motivo ou por razón do desenvolvemento da súa actividade laboral (Sentencia do Tribunal Supremo núm. 429/2020, do 18 de maio)