Esquema xeral
As operacións necesarias para determinar a contía do rendemento neto do traballo que se integra na base impoñible represéntanse no seguinte esquema:
Fase 1ª:
(+) Importe íntegro reportado (retribucións monetarias).
(+) Valoración fiscal máis ingreso a conta non repercutido (retribucións en especie).
(+) Contribucións empresariais a sistemas de previsión social (importes imputados).
(+) Achegas ao patrimonio protexido de persoas con discapacidade.
(−) Reducións aplicables sobre os seguintes rendementos:
- Xerados nun prazo superior a dous anos.
- Obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.
- Prestacións percibidas de réximes públicos de previsión social.
- Prestacións percibidas de sistemas privados de previsión social (réxime transitorio).
(=) Rendemento íntegro do traballo.
Fase 2ª:
(−) Gastos deducibles:
- Cotizacións á Seguridade Social ou a mutualidades obrigatorias de funcionarios.
- Detracciones por dereitos pasivos.
- Cotizacións a colexios de orfos ou institucións similares.
- Cotas satisfeitas a sindicatos.
- Cotas satisfeitas a Colexios profesionais, se a colexiación é obrigatoria.
- Gastos de defensa xurídica en litixios co empregador.
-
Outros gastos:
- Contía fixa aplicable con carácter xeral. 2000 euros
- Incremento por mobilidade xeográfica.
- Incremento para traballadores activos con discapacidade.
(=) Rendemento neto do traballo.
Fase 3ª:
(−) Redución por obtención de rendementos do traballo (só para contribuíntes con rendementos netos do traballo inferiores a 16.825 euros e rendas distintas ás do traballo que non superen 6.500 euros).
(=) Rendemento neto reducido do traballo.