Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Clasificación segundo a súa orixe ou fonte

Normativa:Art.º 25 Lei IRPF

Atendendo aos elementos patrimoniais dos cales procedan, os rendementos do capital mobiliario clasifícanse, para os efectos do IRPF, nos catro grupos seguintes:

  1. Rendementos obtidos pola participación nos fondos propios de calquera tipo de entidade.
  2. Rendementos obtidos pola cesión a terceiros de capitais propios.
  3. Rendementos procedentes de operacións de capitalización e de contratos de seguro de vida ou invalidez, agás cando deban tributar como rendementos do traballo, e de rendas derivadas da imposición de capitais.

    Agora ben, tributan como rendementos do traballo as prestacións derivadas dos contratos de seguro concertados no marco da previsión social.Teñen esta consideración os seguintes:

    • Contratos de seguros concertados con mutualidades de previsión social cuxas achegas puidesen ser, polo menos en parte, gasto deducible ou obxecto de redución na base impoñible.
    • Plans de previsión social empresarial e seguros colectivos que instrumenten compromisos por pensións asumidos polas empresas, nos termos previstos na disposición adicional primeira do texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro (BOE do 13 de decembro).
    • Plans de previsión asegurados.
    • Seguros de dependencia conforme ao disposto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE do 15).

  4. Outros rendementos do capital mobiliario.