Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Período mínimo de achegas.Achega anual máxima e importe total das primas acumuladas

Período mínimo de achegas

  • En xeral:

    A primeira prima satisfeita deberá ter unha antigüidade superior a cinco anos no momento da constitución da renda vitalicia.

  • Réxime transitorio:Requisito de antigüidade para os efectos de tratamento de Plans Individuais de Aforro Sistemático de contratos de seguro formalizados antes de 1 de xaneiro de 2015.

    Normativa:Disposición transitoria trixésimo primeira Lei IRPF

    Aos Plans Individuais de Aforro Sistemático formalizados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015, seralles tamén de aplicación o requisito de cinco anos (e non o de máis dez anos que se esixiu ata o 31 de decembro de 2014).

    Non obstante, a transformación dun Plan Individual de Aforro Sistemático formalizado antes de 1 de xaneiro de 2015, ou dun contrato de seguro dos regulados na disposición transitoria décimo cuarta desta Lei, mediante a modificación do vencemento deste, coa exclusiva finalidade de anticipar a constitución da renda vitalicia a unha data que cumpra co requisito de antigüidade de cinco anos dende o pagamento da primeira prima esixido polas citadas disposicións, non terá efectos tributarios para o tomador.

Achega anual máxima e importe total das primas acumuladas

  • O límite máximo anual satisfeito en concepto de primas a este tipo de contratos será de 8.000 euros, e será independente dos límites de achegas de sistemas de previsión social.
  • Así mesmo, o importe total das primas acumuladas nestes contratos non poderá superar a contía total de 240.000 euros por contribuínte.