Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Outros criterios de Imputación propostos polo contribuínte

Normativa: Arts.11.2 LIS;1 e 2 do Regulamento IS

A eficacia fiscal de criterios de imputación temporal de ingresos e gastos distintos ao da devindicación, utilizados excepcionalmente polo contribuínte para conseguir a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da súa actividade económica, está supeditada á aprobación destes pola Administración tributaria.

Para tal efecto, os contribuíntes deberán presentar unha solicitude ante a Delegación correspondente ao seu domicilio fiscal, na que conste a descrición do criterio utilizado, así como a súa adecuación ao principio de imaxe fiel que deben proporcionar as contas anuais resultantes da súa contabilidade.
Así mesmo, o contribuínte deberá expoñer a incidencia, para efectos fiscais, do criterio de imputación temporal.

Importante: a utilización de criterios de imputación fiscal diferentes á devindicación ou o cambio do criterio de imputación non poderá alterar a cualificación fiscal dos ingresos computables e gastos deducibles, nin orixinar o que algún cobramento ou pagamento deixe de computarse ou que se compute novamente noutro exercicio.