Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Introdución

Malia ser única a definición legal dos rendementos de actividades económicas que recolle no artigo 27.1 da Lei do IRPF, é preciso diferenciar dentro destes os derivados do exercicio de actividades empresariais e profesionais e, dentro das primeiras (actividades empresariais), as de natureza mercantil e non mercantil.

A importancia destas distincións radica no diferente tratamento fiscal duns e outros rendementos, en aspectos tan sinalados como son a suxeición a retención ou a ingreso a conta, as obrigas de carácter contable e rexistral a cargo dos titulares das devanditas actividades e a declaración separada destes.Dende esta última perspectiva, o modelo de declaración distingue os seguintes tipos e claves de actividades económicas:

ClaveTipo de actividade
1 Actividades empresariais de carácter mercantil
2 Actividades agrícolas e gandeiras
3 Outras actividades empresariais de carácter non mercantil
4 Actividades profesionais de carácter artístico ou deportivo
5 Restantes actividades profesionais