Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

3. Límite máximo e incompatibilidades das reducións xerais polo exercicio de determinadas actividades económicas

Límite máximo

• Como consecuencia da aplicación das reducións polo exercicio de determinadas  actividades económicas antes comentadas, previstas no artigo 32.2 da Lei do IRPF, o saldo resultante do   rendemento neto das actividades económicas non poderá ser negativo.

• No caso de tributación conxunta debe terse en conta o siuiente:

  1. A redución para traballadores autónomos economicamente dependentes ou con único  cliente non vinculado do artigo 32.2.1º da Lei de IRPF ten como límite a contía dos  rendementos netos das actividades económicas dos contribuíntes que xeren o dereito á  súa  aplicación.
  2. A redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros ten  como límite o saldo da suma de rendementos netos de actividades económicas dos  membros da unidade familiar, de maneira que non poida ser negativo por aplicación da  redución .

    Ademais,  esta redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000  euros conxuntamente coa redución por obtención de rendementos do traballo do artigo  20 da Lei do IRPF non poderá exceder de 3.700 euros.

Incompatibilidades

A redución para traballadores autónomos economicamente dependentes ou con único cliente  non vinculado e redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros  son incompatibles entre si.