Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Tratamento das ganancias ou perdas patrimoniais derivadas de elementos afectos ao exercicio de actividades económicas

Normativa:Art.º 28.2 Lei IRPF

Co obxecto de equiparar o tratamento fiscal aplicable ás ganancias ou perdas patrimoniais derivadas da totalidade de bens ou dereitos cuxa titularidade corresponde ao contribuínte, a Lei do IRPF establece no seu artigo 28.2 como principio xeral que as ganancias ou perdas patrimoniais derivadas de elementos afectos ás actividades económicas non se inclúen no rendemento neto destas, senón que tributan como tales xunto co resto de ganancias ou perdas patrimoniais.

Véxase ao respecto dentro do Capítulo 11 dedicado a "Ganancias e perdas patrimoniais" deste manual as normas específicas de valoración que se comentan en relación  aosElementos patrimoniais afectos ou desafectados con menos de tres anos de antelación".