Base liquidable
Reducións da base impoñible xeral
Dispoñibilidade dos plans de pensións en caso de desemprego ou cesamento de actividade derivada da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 .
Desde o 14 de marzo ao 14 de setembro de 2020 con carácter excepcional poderanse facer efectivos os dereitos consolidados nos plans de pensións na situación de desemprego que sexa consecuencia de:
-
un expediente de regulación temporal de emprego
-
o cesamento de actividade ou
-
da redución nun 75 por 100 ou máis da facturación de traballadores por conta propia que se produzan como consecuencia do Covid-19 .
O reembolso de dereitos consolidados farase efectivo a solicitude do partícipe, suxeitandose ao réxime fiscal establecido para as prestacións dos plans de pensións.