7. Achegas a sistemas de previsión social de que sexa partícipe, mutualista ou titular o cónxuxe do contribuínte
En xeral
Con independencia das reducións realizadas de acordo co réxime xeral de achegas a sistemas de previsión social anteriormente comentado, as achegas realizadas a sistemas de previsión social do cónxuxe poden reducir a base impoñible xeral do contribuínte co límite máximo de 1.000 euros anuais##2##, sen que esta redución poida xerar unha base liquidable negativa, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
- Que o cónxuxe non obteña rendementos netos do traballo nin de actividades económicas, ou obtéñaos en contía inferior a 8.000 euros anuais.
-
Que as achegas se realicen a calquera dos sistemas de previsión social ata agora comentados de que sexa partícipe, mutualista ou titular o devandito cónxuxe.
Atención: as transmisións entre cónxuxes que se produzan como consecuencia deste réxime especial de redución non están suxeitas, por expresa disposición legal, ao Imposto sobre Sucesións e Doazóns, ata o límite de 1.000 euros anuais.
Compatibilidade coas reducións aplicadas por achegas directas e contribucións imputadas a sistemas de previsión social do contribuínte
A aplicación desta redución en ningún caso pode supor unha dobre redución (para o contribuínte e o seu cónxuxe partícipe) polas mesmas achegas. Porén, non existe limitación algunha no referente a quen (o contribuínte ou o seu cónxuxe partícipe) é o que aplica a redución.
Se o cónxuxe do contribuínte obtén rendementos netos do traballo ou de actividades económicas en contía inferior a 8.000 euros anuais, e opta por aplicar a redución fiscal das achegas realizadas aos sistemas de previsión social de que é partícipe, mutualista ou titular, deberá determinar o importe da redución fiscal de acordo cos límites máximos de redución anteriormente comentados.
Se as achegas non puidesen ser reducidas na súa totalidade entre ambos os dous (o cónxuxe, de acordo cos límites xerais, e o contribuínte, segundo este réxime de redución adicional), será o cónxuxe partícipe, mutualista ou titular quen solicite trasladar o exceso de achegas non reducido a exercicios futuros. Ao ano seguinte, o exceso poderá ser reducido tendo en conta novamente os límites aplicables ás achegas.
Exemplo: Achegas a sistemas de previsión social de que sexa partícipe, mutualista ou titular o cónxuxe do contribuínte
No exercicio 2021, a base impoñible xeral dun contribuínte, de 44 anos de idade, é de 49.800 euros, ascendendo a suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas obtidos polo mesmo a 45.000 euros.
Pola súa banda, a base impoñible xeral do seu cónxuxe, de 41 anos de idade, é de 4.900 euros, sendo a suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas obtidos por este de 4.500 euros.
No devandito exercicio, o contribuínte e o seu cónxuxe realizaron achegas directas a senllos plans de pensións de que cada un deles é partícipe, ascendendo a 1.250 euros as achegas do contribuínte e a outros 2000 euros as achegas do cónxuxe.
Determinar as reducións aplicables por razón das achegas directas realizadas polo cónxuxe.
Solución:
Con independencia da redución que, conforme ao réxime xeral, corresponda ás achegas realizadas polo contribuínte ao seu propio plan de pensións, para determinar as reducións aplicables por razón dos 2000 euros achegados polo cónxuxe caben as seguintes opcións:
Redución aplicable | Opción 1 | Opción 2 | Opción 3 |
---|---|---|---|
Redución aplicable polo contribuínte | 650 (1) | 1.000 | Parte ata 1.000 (3) |
Redución aplicable polo cónxuxe | 1.350 | 1.000 (2) | Parte ata 1.350 (3) |
Notas ao exemplo
(1) O cónxuxe titular das achegas aplica, conforme ao réxime xeral, a redución máxima posible correspondente ás súas achegas. O límite máximo de redución, 30 por 100 da suma dos seus rendementos netos do traballo e de actividades económicas obtidos no exercicio (4.500 x 30% = 1.350), é inferior ás cantidades ao importe total das achegas realizadas, 2000 euros, polo que aplicará unha redución polo limite do 30 %. É dicir, por 1.350
O contribuínte, ao haberse reducido o cónxuxe 1.350 do total das achegas realizadas, poderá reducir o resto pendente (2000 - 1.350 = 650) ao non superar o límite dos 1.000 euros. (Volver)
(2) O contribuínte aplica a redución máxima posible conforme ao réxime de redución adicional (1.000 euros), e o cónxuxe aplica a redución correspondente ao resto das cantidades achegadas, sen superar o límite máximo que lle permite o réxime xeral: 30 por 100 da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas obtidos individualmente no exercicio (4.500 x 30% = 1.350). Polo tanto, como as súas achegas totais foron 2000 euros e cedeu ao contribuínte 1.000 euros, podra reducir o resto (2000 - 1.000 = 1.000) ao non superar o límite do 30 %(1.350 euros) (Volver)
(3) Cada un do cónxuxes aplica a redución polo importe que desexe, sempre que a correspondente ao contribuínte non supere 1.000 euros (importe achegado dentro do límite máximo de redución adicional) e a correspondente ao cónxuxe non supere 1.350 euros, (4.500 x 30 %) e sen que a suma total supere o importe total de 2000 euros achegados polo cónxuxe. (Volver)