Confirmación e presentación do borrador de declaración
Cando o contribuínte considere que o borrador da declaración reflicte a súa situación tributaria para os efectos deste imposto poderá confirmaro e presentaro tendo o mesmo, neste caso, a consideración de declaración do IRPF a todos os efectos.
A confirmación e presentación do borrador de declaración, e a realización do ingreso, a solicitude da devolución ou a renuncia á mesma, efectuaranse por algún dos seguintes medios:
1. Por medios electrónicos a través de Internet na Sede electrónica da Axencia
Neste caso, o contribuínte deberá facer uso dalgún dos sistemas de identificación seguinte: certificado electrónico recoñecido, sistema Cl@ve PIN ou número de referencia. Tratandose de declaracións conxuntas formuladas por ambos os dous cónxuxes cumprirá, ademais, comunicar o NIF, así como o número de referencia ou Cl@ve PIN do cónxuxe.
O procedemento que hai que seguir será o seguinte:
a) O declarante deberá conectarse coa Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria en Internet, no enderezo electrónico https://sede.agenciatributaria.gob.es, accedendo ao Servizo de tramitación do borrador/declaración. A continuación, segundo cal sexa o resultado de borrador de declaración, o contribuínte deberá:
-
Se o resultado do borrador da declaración é a ingresar e o contribuínte opta pola domiciliación bancaria en entidade colaboradora como medio de pagamento do importe resultante ou, se é o caso, do correspondente ao primeiro prazo, deberá cubrir ou confirmar o identificador único da conta, Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) e, se é o caso, as opcións de fraccionamento do pagamento e a domiciliación bancaria e procederá á confirmación e presentación do borrador.
- Se o resultado do borrador da declaración é a ingresar e non opta pola domiciliación bancaria en entidade colaboradora como medio de pagamento do importe resultante ou, se é o caso, do correspondente ao primeiro prazo, o declarante cubrirá ou confirmará, se é o caso, as opcións de fraccionamento do pagamento e domiciliación do segundo prazo, consignará o Número de Referencia Completo (NRC) obtido tras efectuar o ingreso e procederá á confirmación e presentación do borrador.
Con esta finalidade, o contribuínte poderá obter o Número de Referencia Completo (NRC) da entidade colaboradora por algunha das seguintes vías:
-
De forma directa, ben nas súas oficinas ou ben a través dos servizos de banca electrónica que aquelas presten aos seus clientes.
-
A través da Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, por vía electrónica, utilizando un certificado electrónico recoñecido ou mediante a utilización do sistema Cl@ve PIN).
Tamén neste caso (ingreso sen domiciliación) o contribuínte pode efectuar o pagamento nunha entidade colaboradora utilizando o documento de ingreso que se pode obter no momento da presentación.
Lembre: se a declaración resultase a ingresar, o contribuínte poderá, de forma simultánea á presentación da declaración, domiciliar o ingreso, efectuar o inmediato pagamento electrónico (previa obtención do número de referencia completa (NRC)), ou ben poderá obter un documento de ingreso que lle permitirá efectuar o pagamento nunha entidade colaboradora.
-
-
Se o resultado do borrador da declaración é un resultado a devolver ou negativo o declarante deberá, se é o caso, cubrir ou confirmar o identificador único da conta, Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) e proceder á súa confirmación e presentación.
b) Se a declaración é aceptada, a Axencia Estatal de Administración Tributaria devolveráen pantalla os datos do modelo de declaración do IRPF correspondente á declaración presentada, como xustificante de presentación, validado cun código seguro de verificación, en que constará a data e hora de presentación que o declarante deberá imprimir ou arquivar e conservar.
Os contribuíntes tamén poden acceder aos seus datos fiscais e ao resumo do borrador dedeclaración a través dunha aplicación para dispositivos móbiles, previo rexistro na mesma, utilizando algún dos seguintes sistemas de identificación establecida no apartado anterior (sistema Cl@ve PIN ou número de referencia). Tamén poderán confirmar e presentar o borrador de declaración sempre que non teñan que modificar ou incluír algún dato adicional.
2. Por medios electrónicos a través do teléfono
Mediante chamada ao número 901 200 345 (accesible tamén a través do teléfono 91 535 68 13). Para tal fin, o contribuínte deberá comunicar, entre outros datos, o seu Número de Identificación Fiscal (NIF), o seu número de referencia ou Cl@ve PIN, así como o Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN), en que desexe efectuar a citada domiciliación. En caso de declaración conxunta formulada por ambos os dous cónxuxes cumprirá, ademais, comunicar o NIF, así como o número de referencia do cónxuxe ou Cl@ve PIN do cónxuxe.
Realizada a presentación, a Axencia Estatal de Administración Tributaria devolverá o código seguro de verificación asociada á presentación.
Con esta finalidade, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria adoptaranse as medidas de control precisas que permitan garantir a identidade dos contribuíntes que efectúan a comunicación, confirmación e presentación do borrador de declaración.
O contribuínte pode obter o xustificante da súa presentación accedendo á Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria en Internet, no enderezo electrónico https://sede.agenciatributaria.gob.es, mediante o uso dalgún dos sistemas de identificación seguinte: certificado electrónico recoñecido, número de referencia ou sistema Cl@ve PIN, ou ben mediante o servizo de cotexo de documentos electrónicos da Sede Electrónica co código seguro de verificación que se lle haberá facilitado tras a presentación.
A vía telefónica non poderá utilizarse para confirmar o borrador da declaración e levar a cabo a súa presentación cando o resultado do mesmo sexa a ingresar e o contribuínte non opte pola domiciliación bancaria en entidade colaboradora do importe resultante ou, se é o caso, do correspondente ao primeiro prazo. Non obstante, nestes casos, o contribuínte tamén poderá efectuar o pagamento a través do documento de ingreso nunha entidade colaboradora dentro do prazo establecido.
Nota: teñase en conta a Resolución do 15 de decembro de 2020, do Departamento de Xestión Tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se habilitan trámites e actuacións a través da canle telefónica, mediante determinados sistemas de identificación.
3. Persoalmente
A confirmación e presentación borrador de declaración poderá facerse nas seguintes oficinas:
a) O contribuínte poderá comparecerse nas oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria, exclusivamente para aqueles contribuíntes que cumpran os requisitos que consten no enderezo electrónico da Axencia Estatal de Administración Tributaria, https://sede.agenciatributaria.gob.es e previa solicitude de cita, así como nas oficinas habilitadas polas Comunidades Autónomas, Cidades con Estatuto de Autonomía e Entidades locais##4## para a confirmación do borrador de declaración e a súa inmediata transmisión electrónica.
Neste caso entregarase ao contribuínte o seu exemplar do “Modelo 100. Documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF”, como xustificante da presentación realizada ou, se é o caso, o xustificante de presentación cos datos do modelo de declaración do IRPF correspondentes á declaración presentada, validado cun código seguro de verificación, en que constará a data e hora da presentación da declaración.
Agora ben, non poderá confirmarse o borrador de declaración e levar a cabo a súa presentación por esta vía cando o resultado do mesmo sexa a ingresar e o contribuínte non opte pola domiciliación bancaria en entidade colaboradora do importe resultante ou, se é o caso, do correspondente ao primeiro prazo. Non obstante, nestes casos, o contribuínte tamén poderá efectuar o pagamento a través do documento de ingreso nunha entidade colaboradora dentro do prazo establecido.
Tamén poderán presentarse deste xeito as declaracións do IRPF de cónxuxes non separados legalmente en que un deles solicite a suspensión do ingreso e o outro manifeste a renuncia ao cobramento da devolución, calquera que sexa o resultado final das súas declaracións, a ingresar, a devolver ou negativo.
b) Nas oficinas das Administracións tributarias das Comunidades Autónomas e Cidades con Estatuto de Autonomía que subscribisen coa Axencia Estatal de Administración Tributaria un convenio de colaboración para a implantación de sistemas de portelo único tributario, nos termos previstos no devandito convenio.