Especial referencia ás subvencións e axudas públicas que se cualifican como ganancia patrimonial
SUBVENCIÓNS E AXUDAS PÚBLICAS
Cualificaranse como ganancia patrimonial as SUBVENCIÓNS:
a) Cando a súa obtención está ligada a un elemento patrimonial non afecto a actividade económica. Entre outras:
- Subvencións por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual (recadros [0299] e [0300])
- Subvencións pola reparación de defectos estruturais na vivenda habitual (recadro [0300])
- Axudas públicas para o pagamento do IBI (recadro [0301])
- Axudas públicas derivadas do Plan Renove dos bens de que se trate (electrodomésticos, caldeiras, xanelas, aire acondicionado etc.) (recadro [0301])
- Axudas públicas para a instalación de ramplas, ascensores, aínda que se instalen para mellorar a mobilidade (recadro [0301])
- Axudas públicas á adquisición de vehículos sostibles (MOVALT, VEXA E MOVES 2021) cando os beneficiarios son contribuíntes do IRPF que non realizan ningunha actividade económica (recadro [0301])
Estas subvencións públicas aínda que están ligadas a un elemento patrimonial non derivan da súa transmisión e, polo tanto, deben ser incluídas na declaración de IRPF no apartado F1 dentro doutras "ganancias "e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión de elementos patrimoniais”.
b) Cando a súa obtención non está ligada a un elemento patrimonial, e non se cualifica como rendemento do traballo ou da actividade económica, por exemplo:
- Renda básica de emancipación (recadro [0303])
- Bonos culturais. Aínda que as axudas se instrumenten mediante entrega dos bonos para o seu desconto en produtos e servizos culturais, o seu tratamento é o de ganancia patrimonial (recadro [0304])
- Axudas públicas aos titulares de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español destinado á súa conservación ou rehabilitación. (recadro [0266])
- Axudas públicas para a primeira instalación de mozos agricultores previstas no Marco Nacional de Desenvolvemento Rural destinadas á adquisición dunha participación no capital de empresas agrícolas.(recadro [0279])