Introdución
Normativa: Art. 50 Lei IRPF
Unha vez determinada a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, como consecuencia do procedemento de integración e compensación de rendas comentadas no capítulo anterior, debe procederse á determinación da base liquidable xeral e base liquidable do aforro. O proceso de determinación destas últimas magnitudes pode representarse esquematicamente da seguinte forma:
A base liquidable xeral é o resultado de practicar na base impoñible xeral as reducións legalmente establecidas cuxo comentario se realiza neste Capítulo.
A base liquidable do aforro é o resultado de diminuír a base impoñible do aforro no remanente non aplicado, se o houber, das reducións por tributación conxunta, por pensións compensatorias e anualidades por alimentos, sen que esta poida resultar negativa como consecuencia de tales minoracións.