Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Cadro resumo: Reducións da base impoñible xeral

Reducións da base impoñible 

Importe euros/ano

Límite máximo conxunto anual

Redución por tributación conxunta unidades familiares integradas por ambos os dous cónxuxes 3.400

O remanente, se o houbese, reducirá a  BI do aforro sen que a mesma poida resultar negativa

Unidades familiares monoparentais 2.150

Reducións por achegas e contribucións a sistemas de previsión social

A) Réxime xeral

Achegas:

  • a  plans de pensións
  • a mutualidades de previsión social
  • a plans de previsión asegurada
  • a plans de previsión social empresarial
  • a seguros privados de dependencia

Ata 2000

(Importe anual máximo  por achegas e contribucións empresariais)

A menor de:

  • 30 por 100 da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas do exercicio

  • 2000 euros + 8.000 se son contribucións empresariais + límite adicional de 5.000 euros para contribucións empresariais imputadas por seguros colectivos de dependencia

Nota: teñase en conta que as achegas a sistemas de previsión social do cónxuxe  NON se inclúen dentro destes límites máximos conxuntos de redución que afectan ás achegas e contribucións do Réxime xeral do contribuínte.

Contribucións empresariais (*):

  • a  plans de pensións
  • a mutualidades de previsión social
  • a plans de previsión social empresarial
  • a seguros colectivos de dependencia
8.000 adicionais (aos 2000)
  • Primas satisfeitas pola empresa a seguros colectivos de dependencia

Ata 5.000

(límite propio e independente)

Reducións por achegas e contribucións a sistemas de previsión social

B) Réxime especifico

Achegas a sistemas de previsión social de que é partícipe, mutualista ou titular o cónxuxe do contribuínte Ata 1.000
Reducións por achegas e contribucións a sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade Realizadas pola persoa con discapacidade Ata 24.250

24.250 euros

Realizadas por parentes, titor ou cónxuxe da persoa con discapacidade Ata 10.000

Reducións por achegas a patrimonios protexidos de persoas con discapacidade

Para cada aportante e polo conxunto de patrimonios protexidos aos que efectúe achegas Ata 24.250

24.250 euros

Para o conxunto das reducións practicadas por todas as persoas que efectúen achegas a favor dun mesmo patrimonio protexido Ata 10.000

Reducións por pensións compensatorias e anualidades por alimentos en favor de persoas distintas dos fillos

Pagamento de pensións compensatorias a favor do cónxuxe A totalidade

O remanente, se o houbese, reducirá a BI do aforro sen que a mesma poida resultar negativa

Pagamento de anualidades por alimentos a persoas distintas dos fillos

Nota: no caso de anualidades por alimentos a favor dos fillos véxase as especialidades na determinación da cota íntegra no capítulo 15.

Reducións por achegas á mutualidade de previsión social a prima fixa de deportistas profesionais e de alto nivel

Deportistas profesionais: Son os incluídos no ámbito de aplicación do Real decreto 1006/1985, do 26 de xuño, polo que se regula a relación laboral especial dos deportistas profesionais. Ata 24.250

A menor de:

  • Suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas do exercicio
  • 24.250 euros
Deportistas de alto nivel: Son os incluídos no ámbito de aplicación do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento 

(*)As achegas propias que o empresario individual realice a plans de pensións de emprego ou a mutualidades de previsión social de que, pola súa parte, sexa promotor e, ademais, partícipe ou mutualista, así como as que realice a plans de previsión social empresarial ou seguros colectivos de dependencia de que, pola súa parte, sexa tomador e asegurado, consideraranse como contribucións empresariais