Exemplo 2. Pareja de feito con fillos comúns residentes na Comunidade de Galicia
Don A.S.T. e dona M.V.V., conviven sen existencia de vínculo matrimonial e teñen en común tres fillos que conviven con eles e cuxas idades son 18, 12 e 6 anos, respectivamente. O fillo menor obtivo 4.050 euros de rendementos do capital mobiliario procedentes dunha carteira de valores doada polo seu avó materno ao nacer. Os restantes fillos non obtiveron rendas no exercicio.
Determinar o importe do mínimo persoal e familiar de ambos os dous contribuíntes no suposto de tributación individual e tributación conxunta para os efectos do cálculo do gravame estatal e do gravame autonómico.
Solución:
Nota previa: xa que a Comunidade Autónoma de Galicia non exerceu competencias normativas na regulación das contías do mínimo persoal e familiar, o importe deste determinado conforme ao que se dispón na Lei do IRPF debe utilizarse para o cálculo tanto do gravame estatal coma do gravame autonómico.
1. Tributación individual do pai (don A.S.T.) e da nai (dona M.V.V.):
Mínimo estatal | Mínimo autonómico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Mínimo do contribuínte | Xeral | 5.550 | Mínimo do contribuínte | Xeral | 5.550 |
Total mínimo por contribuínte | 5.500 | Total mínimo por contribuínte | 5.550 | ||
Mínimo por descendentes | Fillo 1º (18 anos) (50% s/2.400) | 1.200 | Mínimo por descendentes | Fillo 1º (18 anos) (50% s/2.400) | 1.200 |
Fillo 2º (12 anos) (50% s/2.700) | 1.350 | Fillo 2º (12 anos) (50% s/2.700) | 1.350 | ||
Fillo 3º (6 anos)(1) | 0 | Fillo 3º (6 anos) (1) | 0 | ||
Total mínimo por descendentes | 2.550 | Total mínimo por descendentes | 2.550 | ||
Total mínimo persoal e familiar | 8.100 | Total mínimo persoal e familiar | 8.100 |
2. Tributación conxunta do pai ou a nai cos fillos menores de idade: (2)
3. Tributación individual do outro proxenitor: (3)
Notas ao exemplo:
(1) O fillo de menor idade está obrigado a presentar declaración do IRPF por razón das rendas obtidas no exercicio (rendementos do capital mobiliario suxeitos a retención non exentos por un importe superior a 1.600 euros anuais).
Ao optar por tributar de forma individual o pai e a nai, o fillo de menor idade deberá presentar tamén a súa propia declaración individual do IRPF. Ademais, ao presentar declaración individual do IRPF con rendas superiores a 1.800 euros, non dará dereito a ningún dos seus pais á aplicación do mínimo por descendentes nas súas respectivas declaracións.
Debe notarse que na declaración individual do fillo de menor idade (fillo 3), deberá figurar en concepto de mínimo do contribuínte a cantidade de 5.550 euros. (Volver mínimo estatal) (Volver mínimo autonómico)
(2) Ao non existir vínculo matrimonial entre os pais, a unidade familiar poden formara, á súa elección, o pai ou a nai cos dous fillos menores de idade (fillos 2º e 3º), sen que sexa posible, a efectos fiscais, que ambos os dous proxenitores cos citados fillos formen unha única unidade familiar.
O Mínimo do contribuínte aplicable na tributación conxunta do pai ou a nai cos fillos menores de idade, é o xeral de 5.550 euros anuais.
Así mesmo, ao convivir o pai e a nai cos fillos que forman parte da unidade familiar non resulta aplicable a redución da base impoñible de 2.150 euros anuais a que se refire o artigo 84 da Lei do IRPF. Véxase, a respecto disto, o Capítulo 13 anterior en que se comenta as reducións da base impoñible xeral e do aforro.
Pola súa banda, no suposto de tributación conxunta do pai ou a nai cos fillos menores de idade (fillos 2º e 3º), o mínimo por descendentes debe distribuírse por partes iguais entre os pais con quen conviven os descendentes que non teñan rendas superiores a 1.800 euros, aínda que un deles tribute conxuntamente cos fillos. Esta é a razón pola que o mínimo por descendentes correspondente ao fillo de menor idade (fillo 3), con rendas superiores a 1.800 euros, corresponde integramente ao pai ou a nai con quen tributa conxuntamente. En consecuencia, o outro proxenitor non terá dereito á aplicación do Mínimo por descendentes polo devandito fillo.
O Mínimo por descendentes correspondente ao fillo 1º, que por ser maior de idade non forma parte da unidade familiar, tamén corresponde a ambos os dous pais por partes iguais. (Volver)
(3) O outro proxenitor na súa declaración individual unicamente ten dereito a aplicar a metade do mínimo por descendentes correspondentes aos fillos 1. e 2, ao non ter ningún deles rendas superiores a 1.800 euros. (Volver)