Mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes: contías aplicables
Contías aplicables
O mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes poderá ser das seguintes contías:
-
3.000 euros anuais por cada descendente ou ascendente que xere dereito á aplicación do seu respectivo mínimo, que sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100.
-
9.000 euros anuais por cada descendente ou ascendente que xere dereito á aplicación do seu respectivo mínimo, que sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.
Incremento en concepto de gastos de asistencia
O mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes incrementarase, en concepto de gastos de asistencia, en 3.000 euros anuais por cada ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.
En definitiva, o mínimo por discapacidade de cada ascendente ou descendente, incluídos, se é o caso, o incremento en concepto de gastos de asistencia, acadará as seguintes contías:
Grado de discapacidade | Discapacidade por cada ascendente ou descendente | Asistencia por cada ascendente ou descendente | Total por cada ascendente ou descendente |
---|---|---|---|
Igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100 | 3.000 | ---- | 3.000 |
Igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100 e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida | 3.000 | 3.000 | 6.000 |
Igual ou superior ao 65 por 100 | 9.000 | 3.000 | 12.000 |