1. Porcentaxes aplicables
Normativa: Véxase o artigo 22 Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado
Atención: o importe desta dedución consignarase no recadro [0722] do anexo A.1 da declaración.
Cando se trate de cantidades doadas ou satisfeitas ás entidades anteriormente relacionadas e que se destinen polas mesmas á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado, as porcentaxes anteriores elevásense en cinco puntos porcentuais, é dicir:
Base de dedución Importe ata | Porcentaxe de dedución |
---|---|
150 euros | 85 |
Resto base de dedución | 40 |
Tipo incrementado por reiteración de doazóns a unha mesma entidade | 45 |
Novidade 2021 : teñase en conta que para 2021 a disposición adicional sesaxésimo sexta da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 (BOE do 31) estableceu que as porcentaxes e os límites das deducións establecidas no artigo 19 da citada Lei 49/2002, do 23 de decembro, elevaranse en cinco puntos porcentuais en relación coas actividades prioritarias de mecenado.