Deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial en actividades económicas en estimación obxectiva
Normativa: Arts. 68.2 e 69.2 Lei IRPF
Cando se trate de contribuíntes que exerzan actividades económicas e determinen o seu rendemento neto polo método de estimación obxectiva, os incentivos e estímulos ao investimento empresarial establecido ou que se establezan na normativa do Imposto sobre Sociedades só lles serán de aplicación cando así se estableza regulamentariamente tendo en conta as características e obrigas formais do citado método.
Durante o exercicio 2021 non se estableceu regulamentariamente a aplicación de ningún destes incentivos.