Por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual en núcleos rurais ou análogos
Normativa: Art. 110-10 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro.
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
-
O 5 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición ou rehabilitación da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a vivenda habitual do contribuínte sempre que cumpran os seguintes requisitos:
-
Que o contribuínte teña a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma de Aragón e que á data de devindicación do imposto teña menos de 36 anos.
-
Que se trate da súa primeira vivenda.
Só resultará aplicable a dedución cando o contribuínte non fose propietario de ningunha outra vivenda, constituíse ou non a súa residencia habitual.
-
Que a vivenda estea situada nun municipio aragonés que teña menos de 3.000 habitantes ou, alternativamente, nunha entidade local menor ou nunha entidade singular de poboación, que se encontren separadas ou diferenciadas da capitalidade do municipio ao que pertencen.
Con esta finalidade, a consideración de entidades locais menores ou de entidades singulares de poboación será a que figura na normativa sobre Administración Local da Comunidade Autónoma de Aragón.
-
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración, menos o mínimo por contribuínte e o mínimo por descendentes, recadros [0511] e [0513] da declaración , non sexa superior a :
- 21.000 euros en declaración individual.
- 35.000 euros en declaración conxunta.
-
-
Os conceptos de adquisición, rehabilitación, vivenda habitual, base de dedución e o seu límite máximo, serán os fixados pola normativa estatal vixente a 31 de decembro de 2012 para a dedución por investimento en vivenda habitual.
-
Será tamén aplicable conforme á normativa estatal vixente a 31 de decembro de 2012 o requisito da comprobación da situación patrimonial do contribuínte .
Importante: esta dedución soa será aplicable ás adquisicións ou rehabilitacións de vivendas en núcleos rurais efectuadas a partir do 1 de xaneiro de 2012.