Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Por nacemento ou adopción do terceiro fillo ou sucesivos

Normativa: Art. 110-2  Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro.

Contías da dedución

  • 500 euros, con carácter xeral, por cada fillo nado ou adoptado durante o período impositivo que sexa o terceiro fillo ou sucesivos do contribuínte.

  • 600 euros por cada un dos fillos citados anteriormente, cando, ademais, a suma das bases impoñibles xerais e do aforro,  recadros [0435] e [0460] da declaración , menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, suma dos recadros  [0511] e [0513] da declaración, non sexa superior a:

    • 21.000 euros en declaración individual.

    • 35.000 euros en declaración conxunta.

Ambas as dúas contías son incompatibles entre si.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • A dedución unicamente poderá aplicarse no período impositivo en que se produza o nacemento ou a adopción.

  • A dedución corresponderá ao contribuínte con quen conviva o fillo nado ou adoptado á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).

  • Cando os fillos que dean dereito á dedución convivan con máis dun contribuínte , o importe da dedución ratearase##3## por partes iguais.