Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade

Normativa: Art. 14 ter Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril.

Véxase tamén a disposición adicional primeira do Decreto lei 12/2021, do 30 de setembro, polo que se adoptan medidas tributarias, organizativas e de xestión como consecuencia da erupción volcánica na illa da Palma (BOC 01-10-2021)

Erupción volcánica da Palma: de acordo con disposición adicional primeira do Decreto lei 12/2021, NON se perderá o dereito ás deducións practicadas na cota íntegra autonómica do IRPF polas cantidades satisfeitas por este concepto, a pesar de que as vivendas habituais fosen destruídas pola erupción volcánica da Palma, podendo continuar aplicando esta dedución polas cantidades que puidesen seguir aboando.

Contía da dedución

O 10 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo, polas obras e instalacións de adecuación á vivenda por razón de discapacidade.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

O concepto obras ou instalacións de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade, así como a base máxima de dedución e os restantes requisitos esixidos para a práctica da dedución son os contidos no artigo 68.1 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF, na redacción vixente o 1 de xaneiro de 2012.

Límite conxunto da dedución

A suma do importe desta dedución canda o das deducións autonómicas “Por cantidades destinadas polos seus titulares á restauración, rehabilitación ou reparación de bens inmobles declarados de Interese Cultural”, “Por investimento en vivenda habitual” e “Por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual" non poderá exceder o 15 por 100 da cota íntegra autonómica, recadro [0546] da declaración.