Polas axudas e subvencións recibidas polos deportistas de alto nivel de Galicia
Normativa: Art. 5. Dezanove Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
Contía da dedución
O importe da dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención ou axuda pública na base liquidable.
Para iso o contribuínte debe integrar na súa base impoñible xeral, recadro [0435], o importe correspondente á subvención ou axuda pública obtida da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou dos restantes entidades do sector público autonómico.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que se trate dunha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou dos restantes entidades do sector público autonómico para o desenvolvemento da actividade deportiva.
-
Que a actividade deportiva pola que se obtén a subvención ou axuda pública non xere rendementos de actividades económicas.
-
O contribuínte ten que ter recoñecida a condición de deportista de alto nivel segundo resolución do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma con competencias en materia de deporte.