Por contribuíntes con discapacidade, de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas
Normativa: Art. 5. Seis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
Contía e límite máximo da dedución
-
O 10 por 100 das cantidades satisfeitas a terceiros polos contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 e que precisen axuda de terceiras persoas.
-
Considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
De acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado o grao de discapacidade terá que acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 %cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
-
O límite máximo da dedución é de 600 euros.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro minorado no importe dos mínimos persoal e familiar, suma dos recadros [0435] e [0460] da declaración menos o importe do recadro [0520] da declaración, non supere os seguintes importes:
-
Que acredite a necesidade de axuda de terceiras persoas.
-
Que o contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.