Para os declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición
Normativa: Art. 6 do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
-
Por cada contribuínte e, se é o caso, por cada membro da unidade familiar, residente na Comunidade Autónoma das Illes Balears, que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade, establécense as deducións seguintes segundo a natureza e grao da súa discapacidade:
-
80 euros en caso de discapacidade física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 e inferior ao 65 por 100.
-
150 euros en caso de discapacidade física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 por 100.
-
150 euros en caso de discapacidade psíquica de grao igual ou superior ao 33 por 100.
Con respecto aos graos de discapacidade véxase a disposición adicional primeira do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.
-
-
A aplicación desta dedución está condicionada a que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, recadros [0512] e [0514] da declaración, non supere as seguintes contías:
- No caso de que o cónxuxes tributen de forma individual e teñan dereito á aplicación do mínimo familiar por descendentes, cada un terá dereito a aplicarse integramente a dedución. Tamén resulta aplicable a dedución pola discapacidade do cónxuxe, ao formar parte da unidade familiar, con independencia de que este último o aplique na súa propia declaración.