Por arrendamento de vivenda habitual
Normativa: Art. 7 do Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro.
Contías e límites máximos da dedución
-
O 10 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo por alugamento da vivenda habitual do contribuínte, cun máximo de 455 euros, tanto en tributación individual como en conxunta.
-
O 15 por 100, co límite de 606 euros, en caso de alugamento de vivenda habitual no medio rural
Enténdese como alugamento de vivenda habitual no medio rural a vivenda que se sitúe en solo non urbanizable segundo a normativa urbanística vixente no Principado de Asturias, e a que se encontre en concellos de poboación inferior a 3.000 habitantes, con independencia da clasificación do solo.
-
O 20 por 100, co límite de 700 euros, en caso de alugamento de vivenda habitual por contribuíntes con residencia habitual en zonas rurais en risco de despoboamento.
Terán a consideración de zonas rurais en risco de despoboamento as que se determinan na Resolución do 24 de novembro de 2020, da Consellaría de Facenda, para os efectos das deducións previstas nos artigos 14 quáter, 14 quinquies e 14 sexies do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro (BOPA 15-12-2020).
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Ten que tratarse dun alugamento de vivenda habitual
A residencia habitual determinarase de acordo cos criterios definidos no artigo 9 da Lei do IRPF en relación coa zona rural que dá dereito á aplicación do beneficio fiscal. Os citados criterios aplicaranse á residencia habitual na zona rural no exercicio en que sexa aplicable a dedución con independencia de que, posteriormente, non se manteña a devandita residencia.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes contías:
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 por 100 da base impoñible do período impositivo.
-
A dedución practicarase polo titular ou titulares do contrato de arrendamento.
En caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, só serán deducibles as cantidades que satisfaga o cónxuxe asinante do contrato de arrendamento e, en consecuencia , as cantidades que satisfaga o cónxuxe que non figura no contrato non dan dereito á devandita dedución por non ser arrendatario. Véxase ao respecto a Sentenza do Tribunal Supremo núm. 220/2009, do 3 de abril (Sala do Civil), recaída no recurso de casación núm. 1200/2004 (ROJ: STS 2464/2009).
Importante : os contribuíntes con dereito á dedución deberán cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica por arrendamento" do Anexo B.8 do modelo da declaración en que, ademais dos datos necesarios para cuantificar a dedución, deberá facerse constar o NIF /NIE do arrendador da vivenda e, se existe, o do segundo arrendador; se é o caso, se consignou un NIF doutro país, marcarase tamén unha X.