Por adquisición de bicicletas de pedaleo non asistido
Normativa: Art. 32.13 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos
Contía e límite da dedución
-
O 15 por 100 do importe das adquisicións de bicicletas de pedaleo non asistido.
-
Límites máximos:
-
50 euros por vehículo e, pola súa parte,
-
2 vehículos por unidade familiar.
-
Requisitos para a aplicación da dedución
-
A práctica desta dedución quedará condicionada á súa xustificación documental mediante a correspondente factura.
Polo tanto, a dedución só poderá aplicara aquel ou aqueles a cuxo nome se emita a factura, coa excepción que indicamos no punto seguinte. Cando haxa máis dun titular da factura, o importe satisfeito e o límite máximo de dedución por vehículo ratearase entre eles.
-
No caso de matrimonios en réxime de gananciais que presenten declaracións individuais, ratearase o importe da dedución por partes iguais.
Neste caso, aínda que só un do cónxuxes sexa titular da factura tanto o límite da dedución (50 euros) como o importe satisfeito se atribuirá a ambos os dous cónxuxes por partes iguais.