c) Rendementos por cursos, conferencias, coloquios, seminarios e similares
Cualifícanse como rendementos do traballo os rendementos derivados de impartir cursos, conferencias, coloquios, seminarios e similares, sempre que as devanditas actividades non supoñan a ordenación por conta propia de medios de produción e de recursos humanos ou dun de ambos os dous, coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos, en cuxo caso cualificaranse como rendementos de actividades económicas.
A consideración destas rendas como rendementos de actividades económicas dependerá da existencia da devandita ordenación por conta propia de factores produtivos, o que terá que determinarse en cada caso concreto, á vista das circunstancias concorrentes. Porén, e con carácter xeral, cabe falar da existencia de ordenación por conta propia cando o contribuínte interveña como organizador dos cursos, conferencias ou seminarios, ofrecendoos ao público e concertando, se é o caso, cos profesores ou conferenciantes a súa intervención en tales eventos, ou cando participe nos resultados prósperos ou adversos que deriven dos mesmos.
Igualmente, cabe entender que se obteñen rendas de actividades económicas cando o contribuínte xa viñese exercendo actividades económicas e participe na impartición das clases ou cursos en materias relacionadas directamente co obxecto da súa actividade, de maneira que poida entenderse que se trata dun servizo máis dos que se prestan a través da ordenación por conta propia configuradora da actividade económica que xa viña desenvolvendo.