Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

e) Retribucións dos administradores e membros de órganos de representación de sociedades

Terán a consideración de rendementos do traballo as retribucións dos administradores e membros dos Consellos de Administración, das Xuntas que fagan as súas veces e demais membros doutros órganos representativos.

Nestes casos a súa cualificación como rendemento de traballo  vén determinada pola pertenza a un órgano que teña encomendadas a función ou funcións de administración e xestión do patrimonio dunha entidade, calquera que sexa a natureza da mesma e sen circunscribira aos casos de entidades mercantís.