Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

f) Pensións compensatorias recibidas do cónxuxe e anualidades por alimentos

Considéranse rendementos do traballo as pensións compensatorias recibidas do cónxuxe e as anualidades por alimentos, ex­ceptuadas as percibidas dos pais en virtude de decisión xudicial que se declaran exentas.

Ambas as dúas reducen a base impoñible de quen satísfaias.

As  reducións na base impoñible  por pensións compensatorias e anualidades por alimentos  coméntanse no capítulo 13 deste Manual.