Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Relacións laborais especiais de carácter dependente

Nestes supostos, é preciso distinguir entre:

• Os gastos de estancia, que seguen a regra xeral exposta anteriormente (só deducibles do rendemento íntegro na medida en que sexan resarcidos de forma específica pola súa empresa), e

• Os gastos de locomoción e manutención, aos que se aplica unha regra especial conforme á cal, cando os gastos de locomoción e manutención non lles sexan resarcidos especificamente polas empresas a quen presten os seus servizos, os contribuíntes que obteñan rendementos do traballo que se deriven deste tipo de relacións laborais poderán minorar os seus ingresos íntegros, para a determinación dos seus rendementos netos, nas seguintes cantidades, sempre que xustifiquen a realidade dos seus desprazamentos:

  1. Por gastos de locomoción.

    Cando se utilicen medios de transporte público, o importe do gasto que se xustifique mediante factura ou documento equivalente.

    Noutro caso: A cantidade que resulte de computar 0,19 euros por quilómetro percorrido, máis os gastos de peaxe e aparcadoiro que se xustifiquen.

  2. Por gastos de manutención.

    Desprazamentos en territorio español: 26,67 euros diarios.

    Desprazamentos ao estranxeiro: 48,08 euros diarios.

Exemplo:

Don D.M.M. é contratado por unha empresa de Zaragoza como representante de comercio, establecendose unha relación laboral especial de carácter dependente conforme ao Real decreto 1438/1985, do 1 de agosto. Os gastos de locomoción, estancia e manutención corren pola súa conta, non sendolle resarcidos de forma específica pola empresa. A zona asignada para o seu traballo está situada ao norte da provincia de Teruel, efectuando os desprazamentos no seu propio vehículo.

Ao longo de 2021 percibiu polos seus servizos un total de 27.400 euros, efectuando desprazamentos durante 110 días en que percorreu un total de 20.000 quilómetros. Os gastos debidamente xustificados orixinados nos devanditos desprazamentos son os seguintes:

  • Gastos de aparcadoiro = 96
  • Gastos de estancia en hoteis = 1.500
  • Gastos de manutención en restaurantes = 3.300

Determinar o importe dos ingresos íntegros fiscalmente computables por don D.M.M. na súa declaración do IRPF do exercicio 2021.

Solución:

Remuneracións brutas = 27.400

Ingresos non computables:

  • Gastos de locomoción (20.000 kms x 0,19 euros) = 3.800
  • Gastos de aparcadoiro = 96
  • Gastos de manutención (26,67 euros x 110 días) = 2.933,70
  • Gastos de estancia: (*) --
  • Total = 6.829,70

Ingresos íntegros fiscalmente computables (27.400,00 – 6.829,70) = 20.570,30

Nota o exemplo:

  (*) Ao non serlle resarcidos especificamente pola empresa os gastos de estancia, non resulta deducible cantidade algunha por este concepto. (Volver)